Monday 06 de May de 2024

As persoas maiores de 55 anos de Bergondo convértense en locutores de radio no podcast ‘+55FM’


· Consistirá en seis episodios totalmente producidos e realizados por persoas maiores de 55 anos do Concello, no que realizarán entrevistas a persoas relacionadas con temas que preocupan a este segmento de poboación.

O Concello de Bergondo, a través do Departamento de Servizos Sociais, acaba de poñer en marcha unha nova iniciativa: ‘+55FM’, un programa radiofónico formato podcast en liña no que as persoas que participen converteranse en xornalistas e locutoras de radio.

Este proxecto, enmarcado dentro do programa de Envellecemento Activo, consistirá en seis programas totalmente producidos e realizados polos e as inscritos no que se tratarán temas que preocupa á poboación sénior.

O formato basearase na realización de entrevistas a persoas de interese de diferentes ámbitos, abordando nos seis programas diferentes temáticas. Os programas completos, que terán unha duración de entre 10 e 20 minutos, subiranse os venres na canle de Youtube do Concello de Bergondo durante os meses de abril, maio e xuño.

O obxectivo desta radio é contribuír ao envellecemento activo, creando un espazo onde as persoas maiores poidan abordar os temas que lles interesan. Trataranse cuestións tan diversas como a soidade, a sexualidade, o feminismo ou a crise dos coidados.

As persoas interesadas aínda poden apuntarse ata este mércores, 3 de abril, no teléfono 981 79 12 52 ext.4 ou no correo electrónico serezabel.rodriguez@bergondo.gal. O prezo é de 18 euros e celébrase todos os xoves, entre as 10:00 e as 11:30 horas na biblioteca da Senra.

A alcaldesa de Bergondo, Alejandra Pérez Máquez, destaca que “este espazo de expresión para as persoas maiores do noso concello permitiralles dar ou seu punto de vista sobre as cuestións que lles preocupan”. Ademais, subliña que “tamén axudará a combater a fenda dixital neste grupo de poboación, xa que serán eles e elas mesmos vos que teñan que producir todo ou programa”.